🏫 Titoría e relación Familia – Colexio

 

A función fundamental da titoría é a orientación persoal e académica do alumnado, facilitando o seu desenvolvemento integral e axudándoo a afrontar os seus desafíos.

Os principais obxectivos para os titores son:
  · Atender as necesidades persoais, académicas e de orientación profesional do alumnado.
  · Establecer un clima de confianza e diálogo entre o titor, a familia e o alumnado.
  · Realizar un seguimento exhaustivo do benestar persoal dos alumnos e alumnas e do seu progreso académico.
  · Establecer un traballo de colaboración intensa co Departamento de Orientación e outros profesionais para unha atención especializada.

A alianza coas familias segue sendo crucial nesta etapa. Fomentamos a comunicación e a participación mediante:
  · Reunións informativas para detallar os plans de estudos, opcións de futuro e aspectos relevantes da etapa.
  · Reunións persoais para tratar de forma individualizada o benestar, o rendemento e as inquedanzas do alumnado.
  · Informacións a través da plataforma Alexia, garantindo unha comunicación personalizada e eficiente sobre o día a día.

🌈Benvidos á nosa familia educativa!

 

“O obxectivo principal da educación é crear persoas que sexan capaces de facer cousas novas, e non simplemente repetir o que outras xeracións fixeron.” — Jean Piaget

A Educación Secundaria (12-16/18 anos) é unha etapa de consolidación e descubrimento, onde o alumnado afianza os seus coñecementos e competencias mentres comeza a definir o seu proxecto de vida.

No noso centro, estamos ilusionados por acompañar aos vosos fillos e fillas nesta etapa tan importante da súa vida, a adolescencia. Por iso, impulsamos a autonomía, a responsabilidade e o pensamento crítico, á vez que os acompañamos na preparación para os estudos superiores e para que se convertan en cidadáns activos e comprometidos.

🎓Metodoloxía: Os Nosos Rasgos Identificativos

👨‍👩‍👧 Cercanía e Acompañamento:

Para o noso centro é moi  importante o vínculo entre  profesorado, alumnado e familias, fomentando un clima de confianza, diálogo e traballo, onde todos se sintan escoitados e valorados. A cercanía do profesorado é clave para o desenvolvemento integral dos nosos alumnos e alumnas.

💚 Valores Vedruna:

O carácter pastoral é fundamental no noso centro. Inspirados na vida e valores de Santa Xoaquina de Vedruna, promovemos no alumnado o respecto, a solidariedade, o compromiso e a xustiza social a través de proxectos, actividades, e acompañándoos no seu crecemento persoal e espiritual.

 

Atención Individualizada:

Entendemos que cada alumno e alumna é único. Por iso, adaptámonos ás súas necesidades particulares, ofrecendo unha atención individualizada que potencia os seus talentos e os axuda a superar os seus desafíos. O noso obxectivo é que cada un alcance o seu máximo potencial.

💻 Plan Dixital: 

Vivimos nunha era dixital e preparamos o noso alumnado para ela. Temos a súa disposición Chromebooks que usan durante varias sesións á semana en diferentes materias. Cada estudante ten unha conta educativa Google e usamos aplicacións educativas como Edpuzzle para dinamizar as clases.

🌍 Fomento das lingüas extranxeiras:

Os nosos estudantes perfeccionan o seu inglés na sesión semanal que teñen cun auxiliar de conversa nativo, priorizando as destrezas orais e a seguridade na comunicación. Ademais, ofertamos o francés como segunda lingua estranxeira, diversificando os seus coñecementos e abrindo novas oportunidades globais.