🌈Benvidos á Familia Vedruna

 

“Cada neno e nena leva no seu interior un universo de posibilidades; educarlles é axudalles a descubrir a súa propia luz” – Vygotsky

A Educación Infantil (4-6 anos) é un período crucial para o crecemento e descubrimento. Nesta etapa, centrámonos en que os máis pequenos aprendan xogando, explorando o mundo que os rodea con curiosidade e asombro. Impulsamos o seu desenvolvemento emocional, social e cognitivo a través de experiencias vivenciais, fomentando a súa autonomía, a creatividade e as primeiras interaccións coa aprendizaxe formal. Preparámolos con ilusión para a seguinte etapa educativa.

🏫 Titoria e relación Familia – Colexio

Entedemos a titoría de infantil como un proceso de acompañamento e orientación que realiza o docente cos nenos e nenas de infantil co obxectivo de apoiar o desarrollo intengral (emocional, social, cognitivo e persoal). Non se trata so de resolver problemas, senón de axudalos a crecer de forma equilibrada e saudable, dentro do entorno escolar.

Os principais obxectivos para os titores son:

  ·  Atender as súas necesidades
  · Establecer un clima de confianza e de traballo entre o tutor, familia e alumnado.
  · Realizar un seguimento académico e persoal dos alumnos.
  · Establecer un traballo de colaboración co Departamento de Orientación

A participación das familias é fundamental para o éxito educativo. Polo que mantemos unha comunicación constante e transparente a través de:

  · Reunións informativas
  · Reunións personais
  · Informacións a través da plataforma Alexia.

🎓Metodoloxía: Os Nosos Rasgos Identificativos

🧠 Desenvolvemento integral:

Acompañamos o desenvolvemento integral do neno e da nena, favorecendo o seu crecemento físico, emocional, social e cognitivo a través do xogo, do vínculo afectivo e das experiencias significativas.

💚 Valores Vedruna:

Traballamos os valores desde o corazón, promovendo o respecto, a solidariedade e a convivencia mediante actividades que fomentan a ledicia e o coidado mutuo. O noso obxectivo é que os nenos e nenas medren nun ambiente de cariño e comunidade.

🌏 Plurilingüismo:

Fomentamos o plurilingüísmo desde os primeiros anos. O alumnado realiza a asamblea diaria en inglés co titor. Ademáis da súa clase de inglés teñen unha sesión semanal lúdica cun profesor nativo, fomentando así unha aprendizaxe activa e natural do idioma. 

🧱 Método ABN: 

Permite traballar as matemáticas de xeito manipulativo e vivencial, axudando aos nenos e nenas a comprender os números xogando e experimentando.

🧩 Rincóns:

Son espacios da aula organizados por actividades, onde os nenos e nenas aprenden xogando de forma libre, activa e autónoma.

🚀 Proxectos:

Grazas a eles, os nenos e nenas aprenden explorando, preguntando e creando, mentres desfrutan descubrindo o mundo que os rodea.