Coñece o noso centro

QUE SOMOS

A misión

Somos un colexio comprometido coa sociedade que, inspirado nos valores Vedruna e en colaboración coas familias, formamos persoas responsables, con afán de superación e preparadas para afrontar retos futuros.

Queremos

…ser un centro de referencia, actual e innovador, que capacite ao alumnado a integrarse na sociedade e a adquirir competencias para a súa vida futura. Grazas a unha boa preparación académica, humana e cristiá. Co obxectivo de que sexan capaces de acometer con éxito súas etapas futuras na vida seguindo o estilo de Santa Joaquina de Vedruna.

Desexamos

…ser a súa guía na vida, mostrando o camiño a seguir para chegar a coñecer o seu interior; grazas ás diferentes experiencias pastorais que se desenvolven ao longo do curso.

Aspiramos

…a desenvolver unha xestión do centro comprometido coa mellora continua, con persoal implicado, innovador e participativo.

A vida

…considerada como punto de partida para unha educación integral, que fomente a liberdade e co obxectivo dun ben común. Desenvolver os valores de solidariedade e fraternidade de xeito que eliminen a competitividade nas súas relacións.

Respecto

Saber tratar de forma correcta os demais aceptando as diferenzas, cunha actitude adecuada ao lugar no que se atopa. Mirada ao teu interior para a procura do  benestar emocional e a transcendencia espiritual.

O compromiso cos intereses das persoas, en especial das máis vulnerables, e promoción da paz e da xustiza. Mirada ao teu interior para a procura do benestar emocional e a transcendencia espiritual.