Estilo Educativo

Fundamentamos a nosa práctica  pedagógica naquela iniciada pola nosa fundadora Xoaquina de Vedruna; quén, cun estilo propio, facía xirar a aprendizaxe ao redor dun eixo fundamental: a valoración da persoa e das relacións cos demais baseándose na “pedagoxía do amor”. Os nosos alumnos aprenden dun xeito significativo se somos capaces de crear un clima próximo e alegre e se conseguimos que a aprendizaxe sexa unha experiencia motivadora e cercana aos seus intereses.

A nosa acción educativa precisa duns educadores motivados que leven a cabo un proxecto educativo de calidade, que entusiasme e comprometa:

  • Traballando como mediador de respostas positivas para / cos seus alumnos.
  • Sendo unha persoa afable, próxima, serena, sinxela, alegre, acolledora, aberta e, á vez, firme e de conviccións profundas abertas á transcendencia.
  • Manténdose en formación permanente. Estando aberto á innovación e sendo responsable no exercicio dunha profesionalidade cualificada, actualizándose nos valores e no estilo educativo que propón o noso Centro, cumprindo a normativa vixente no desenvolvemento do seu traballo.