A Misión

O noso centro é unha escola católica cuxa titularidade é a Fundación Vedruna Educación, que inspira a súa acción educativa no Evanxeo e no espírito da súa fundadora: Joaquina de Vedruna. Somos un centro concertado en todos os niveis: Educación Infantil, Educación Primaria e ESO. Estamos comprometidos coa educación integral dos nosos alumnos. Santa Joaquina de Vedruna inspira o noso estilo educativo baseado na igualdade de oportunidades, no respecto aos dereitos e deberes, na participación activa e no diálogo, na innovación e na creatividade, no seguimento persoal e na orientación dos alumnos, no traballo en equipo, na integración do Centro no contexto sociocultural do barrio e no impulso dos valores cristiáns.

  • Foi unha tarde do mes de outubro de 1893 cando Dona Vicenta Rodríguez Cachada entregou ao notario un gran sobre pechado, dicíndolle que era o seu testamento. Dous meses despois, tras o seu pasamento, abríase o sobre na Casa Consistorial da Guarda ante a expectación dos veciños da vila.
    Ler máis

  • Somos un colexio comprometido coa sociedade que, inspirado nos valores Vedruna e en colaboración coas familias, formamos persoas responsables, con afán de superación e preparadas para afrontar retos futuros.
    Ler máis

  • Fundamentamos a nosa práctica pedagógica naquela iniciada pola nosa fundadora Xoaquina de Vedruna; quén, cun estilo propio , facía xirar a aprendizaxe ao redor dun eixo fundamental: a valoración da persoa e das relacións cos demais baseándose na “pedagoxía do amor”.
    Ler máis