A Nosa Biblioteca: Corazón do Colexio 📚💚

 

A nosa biblioteca non está no centro por casualidade, senón porque é a alma que inspira, o corazón que late 💓 ao ritmo do coñecemento, a imaxinación e a creatividade. É o eixo que articula a vida no noso colexio.

É aquí onde nacen preguntas ❓, se espertan vocacións 🌟 e se fortalecen soños 💭. Este espazo é un lugar de encontro con un mesmo e cos demais, onde cada historia abre unha porta ao mundo 🌍 e cada lectura se converte nunha aventura transformadora.

Cremos nunha biblioteca viva, aberta, dinámica e acolledora, que non só acompaña a aprendizaxe, senón que a lidera. Nela podemos reflexionar, dialogar, explorar e descubrir, e todos e todas atopan un punto común para crecer e compartir.

Con actividades, obradoiros, encontros literarios, exposicións, xogos, lecturas compartidas, apadriñamentos lectores… pretendemos crear momentos especiais ✨.

IMG20240627114952